What we're about

Vigo JVM User Group (ou VigoJUG que é máis corto) é unha comunidade técnica nacida en Vigo co propósito de xuntar a profesionais e aficionados dispostos a compartir experiencias, aprender e divertirse cas linguaxes que se executan na JVM (Java, Groovy, Scala, Kotlin, etc.).

Principalmente as reunións e eventos van dirixidas a programadores, pero non se descartan outro tipo de temáticas, por exemplo de sistemas ou incluso de xestión de proxectos (sempre relacionados ca JVM, iso si).

Upcoming events (1)

Programación de competición (atención: 19:00, non 19:30)

Ultimamente non temos moitos/as poñentes.. pero a cabeza non para e volvemos a carga cun novo experimento: a nosa primeira competición de programación. Trae o teu portátil (e unha regleta), faremos parellas (mesturando xente con e sen experiencia) e abriremos unha competición en HackerRank: https://www.hackerrank.com/vigojug19 Coa túa parella, resolveredes algunhas probas de diferentes niveis. O rematar o tempo sortearemos unha licencia de Jetbrains (~600€.. ¡graciñas!) entre os gañadores. ¿Por qué deberías vir?. 1. Vas practicar os típicos exercicios que se fan nas probas de selección. 2. Vas traballar man a man con outras persoas da comunidade e compartir coñecemento, trucos, etc. 3. O final teremos unhas bebidas patrocinadas por Optare Solutions (¡graciñas!). Tamén podes participar dende a casa e comunicarte a través do canal #VigoJUG do Slack da VigoTech Alliance. Pero non participarás nos premios (e te perderás a mellor parte... as cervexas!). O meetup farase no Kaleido Coworking (¡graciñas!) as 19:00 o Xoves 7 de Febreiro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 90 minutos. ¡Non sexas tímida/o, anímate e ven a pasar un bo rato con nos!

Past events (27)

Desarrollo móvil en Android

Kaleido Coworking

Photos (81)