A Industriosa- Workshop ESP8266

Este es un evento antiguo

20 personas asistieron

Imagen del lugar del evento

Detalles

Este é un evento de “A industriosa (http://aindustriosa.org/)”, o novo medialab de Vigo.

O vindeiro 30 de xuño volvemos a facer a repetición do curso de ESP8266. Hernán Serrano, membro de “A Industriosa”, vai facer un workshop relacionado coa placa de desenvolvemento ESP8266 (https://en.wikipedia.org/wiki/ESP8266), onde se vai explicar como comezar a traballar con este módulo, ademais de introducir os conceptos básicos e as diferentes posibilidades que nos brinda. A duración será aproximadamente de tres horas, comezando as 18:00 horas. O rexistro é obrigatorio debido ao límite de placas.

Todos os asistentes teñen que vir cun portátil para poder facer as probas pertinentes. “A Industriosa (https://aindustriosa.org/)” deixará a cada persoa unha placa de desenvolvemento para poder facer as probas.

O temario é o seguinte:

- Instalación do ESP8266 Arduino Core
Instalación dende Board Manager
Instalación Manual
- Visión xeral do ESP8266
- Modos WIFI
ESP8266 como Cliente
ESP8266 como AP
Manexo de IP estática
Event Handlers

- ESP8266HTTPClient
Conectando cunha API REST (json)

- ESP8266WebServer
Path Handlers
Manexo de parámetros GET / POST

- PRAGMA (Optimizar o uso da RAM )

- SPIFFS File System
ESP8266 Sketch Data Upload
Configuración en ficheiros Json

- FSBrowserNG