Skip to content

Que fan os arqueólogos coas novas tecnoloxías? Cara a Arqueoloxía 4.0

Photo of
Hosted By
Luis Miranda A.
Que fan os arqueólogos coas novas tecnoloxías? Cara a Arqueoloxía 4.0

Details

Cando a xente imaxina aos arqueólogos, quizais pense que só traballan con pinceis, con ruínas, buscando tesouros ou cun látego... Pero é unha profesión con fondas raíces en todo tipo de técnicas que axudan a interrogar aos restos arqueolóxicos e extraer novos datos e conclusións. Un traballo xunto con outras disciplinas e ciencias que os complementan e capacitan dos xeitos máis diversos.

Nesta charla, Patricia Mañana-Borrazás, Alejandro Güimil Fariña e Pastor Fábrega-Álvarez , especialistas na aplicación de tecnoloxías xeoespaciais e na virtualización do Patrimonio, amosarannos o emprego das novas tecnoloxías aplicadas a todas as fases propias do traballo da arqueoloxía, dende a identificación e rexistro dos restos arqueolóxicos, a busca de respostas ás preguntas que formulamos, ata a súa difusión e explicación dos traballos e resultados entre todo tipo de públicos.

Os SIX, Modelos 3D, Escáneres 3D, Impresora 3D, Drones, TIX, Fotogrametría, Reconstrución Virtual, Realidade Aumentada, Realidade Virtual... son termos que definen as distintas caras do seu traballo.

Pero todas estas metodoloxías e formas de traballar, tamén son útiles en outros campos de traballo, como na Arquitectura, na Planificación Territorial, no Turismo, na formación de cidadáns responsables, na obra civil, na conservación do Patrimonio...

c/ Barcelona 13 · Vigo
32 spots left