Lo que hacemos

Mellorar as nosas habilidades de comunicación pode axudarnos na nosa vida cotiá tanto a nivel persoal coma nos estudos ou a nivel profesional.

Todos os días atopámonos con situacións nas que precisamos facer chegar unha mensaxe: no noso grupo de amigos, coa familia e parella, pero tamén nunha entrevista de traballo, na presentación dunha tese, nas relacións con clientes e proveedores, un empresario que quere motivar aos seus empreagdos ou un emprendedor que quere convencer a uns inversores para que confíen no seu proxecto.

Toastmaster é unha asociación sen ánimo de lucro que busca mellorar as habilidades de comunicación e liderado a través da práctica nun ambiente cordial. Unha serie de manuais axúdannos na preparación e os compañeiros nos indican as habilidades que xa temos e outras que poderíamos reforzar ou mellorar. O obxectivo principal é axudar a superar o medo escénico que temos a maioría de nós a través da práctica nunha situación cordial e sen perigo.

O grupo de Santiago, Compostela Toastmasters, reúnese dúas veces ao mes na antiga casa da xuventude (praza do Matadoiro, ao carón da Porta do Camiño). A participación é gratuita e está aberta a todo o que poida estar interesado (estudantes, profesionais, emprendedores, empresarios, etc.). Pódese participar como ouvinte ou activamente tomando un rol na xuntanza.

Esperámoste nunha das próximas xuntanzas !!!

Podes obtener máis información na nosa páxina web: http://compostela.tmclub.eu

Miembros

También puedes encontrarnos en