Lo que hacemos

Meetup correspondente ao Google Developers Group Pontevedra. O obxectivo do grupo é unir á comunidade de programadores/as de Pontevedra e arredores para aprender e compartir experiencias.

Próximos eventos (1)

We Learn Together: Vue.js

Planeta29

Comezamos abril coa primeira edición de We Learn Together, na que aprenderemos xuntos Vue.js dende 0. Vue.js é un framework de JavaScript para crear interfaces de usuario e aplicacións web modernas. Na primeira parte do evento seguiremos xuntos un tutorial de Vue.js, resolvendo dudas e problemas en común. Na segunda parte faremos un pequeno proxecto que vos propoñeremos, individual ou por equipos, para poñer en práctica o aprendido. Tan só necesitas un portátil, conceptos básicos de HTML e JavaScript, e moitas ganas de aprender e coñecer a xente nova! Queremos darlle as grazas a Planeta29 por deixarnos un espazo para realizar esta actividade! Planeta 29 é un novo espazo de coworking en Pontevedra que apoia e impulsa o espírito emprendedor da cidade: entra en http://planeta29.com para saber máis.

Eventos anteriores (1)

Code Speedrun #0

Facultad de Bellas Artes (Espacio 16)