• Lightning Network: a Peer to Peer Electronic Micropayment Network

    Centro de Supercomputación de Galicia

    Como pagar nun supermercado con Bitcoin sen esperar unha hora para ter suficientes confirmacións? Agora é posible mediante o emprego de micropagos con Lightning Network. O próximo xoves 21 de febreiro impartiremos unha charla onde se explicarán os fundamentos desta nova solución de escalabilidade da rede Bitcoin. Ademais intentarase facer unha demostración práctica sobre como facer o pago dun café en Starblocks mediante esta tecnoloxía. 1. Problemas de escalado sobre a rede de Bitcoin 2. Canles de pago 2. Lightning Network: solución de segunda capa 3. Exemplo práctico

  • Obradoiro blockchain - Programación en Ethereum

    Centro de Supercomputación de Galicia

    O próximo xoves 17 de xaneiro organizamos, dende Blockchain.gal, un obradoiro introdutorio sobre programación en plataformas blockchain. En primeiro lugar farase unha pequena aproximación ás estruturas e redes blockchain para facilitar a comprensión do ecosistema Ethereum. O obradoiro práctico versará sobre como dar os primeiros pasos nesta plataforma, amosando como programar sinxelos exemplos paradigmáticos.

  • Licenzas Libres e Abertas en Blockchain

    Centro sociocultural O Castiñeriño

    Blockchain semella ligado dende o seu nacemento ao Código Aberto ou Open Source, pero realmente isto é relevante? Si! Si porque hai moitas diferenzas, algunhas ata curciais, respecto ao tipo de licenzas con que os códigos son "abertos". Hainos que son máis ca abertos, os libres, hainos moi laxos que permiten o uso de patentes ou seren pechados á vontade da direción do proxecto, hainos pensados para a comunidade outros máis cara as empresas. Ou máis básico aínda, que son as licenzas? Queres ter unha base legal para decidires por ti cal proxecto ou licenza che interesa? Daquela vente porque terás ese coñecemento imprescindible para tomar as túas propias decisións, sexan de investimento ou desenvolvemento tecnolóxico. Roberto Brenlla (@brenlla): https://twitter.com/brenlla?s=09 explicarános todo isto e máis!

    2
  • Presentación Blockchain.gal — Despregamento e Funcionamento dos Smart Contracts

    Centro sociocultural O Castiñeriño

    Presentación dos nodos de Blockchain.gal desde Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña Anatomía dun Smart contract: despregamento e funcionamento

    2
  • Bitcoin Gold

    Doutroxeito Coworking

    Ponencia de Alejandro Regojo, Cofundador de Bitcoin Gold. Bitcoin Gold é unha moeda dixital distribuída, hard fork de Bitcoin. O seu propósito é restaurar a viabilidade da minería con tarxetas gráficas comúns e evitar o uso de hardware especializado (ASICs), que favorece a centralización do minado.

    1
  • Blockchain Legal

    Doutroxeito Coworking

    Se pensas que pillar Blockchain dende un punto de vista técnico é complicado, facelo dende un punto de vista legal xa é unha cousa louca. Por iso propoñemos esta charla a dúo entre profesionais de recoñecido prestixio, onde poderedes aprender as catro ideas básicas e algunha máis de regalo se queredes iniciarvos no apaixoante mundo do Blockchain. Bárbara Román, CEO de NoLegalTech, falará sobre os aspectos legais dos negocios construídos con blockchain, as financiacions de unicornios (tamén chamadas ICO's), as proxeccións reais (e non tan reais) desta tecnoloxía en España e alrededores, as criptomoedas e os criptomichos, e aconsellaravos sobre os profesionais cos que contar nestes casos. Anxo Barreiro, Director do departamento de Fiscalidade de BV Asesores, falará sobre os aspectos fiscais destes activos, explicará a situación de empresas e investidores en criptomoedas fronte os inspectores de Facenda, compartirá experiencias cos interesados e dará pequenos consellos para evitar grandes blockproblemas. Agardámosvos o próximo 25 de maio en Compostela

    1
  • Transaccións, carteiras e organizacións distribuidas

    Doutroxeito Coworking

    Transaccións e carteiras (criptomoedas) - Que é unha carteira? - Como funcionan as transferencias? - Tipos de carteiras - Demostración práctica Organizacións distribuidas (tipo de contrato intelixente) - Introdución á programación en Solidity (Ethereum) - Demostración de como crear unha organización autónoma e distribuida en Ethereum (DAO)

    3
  • Introdución a Blockchain

    Doutroxeito Coworking

    1
  • Networking 🍻

    Café Kampus Cervecería

    Primer encuentro de Blockchain Galicia. El propósito principal es conocernos y hablar sobre el futuro de la comunidad a corto y medio plazo en un ambiente informal. Y por supuesto... hablar de todo lo relacionado con blockchain! 😊

    3