De qué se trata
Encontros para reflexionar sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.
Trátase dun espazo de reflexión sobre tecnoloxías e prácticas na contorna dixital que, ata fai ben pouco, ocupaban a esfera da ciencia ficción e que, a día de hoxe, xa forman parte, en maior ou menor grao, da nosa realidade cotiá.
Falamos de cuestións que están a xerar fondos debates, polo seu enorme impacto na nosa sociedade como: ética tecnolóxica, soberanía dixital, capitalismo de vixiancia, rexistros biométricos, manipulación masiva…
En colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña, dende Coruña Dixital apoiamos a posta en marcha desta nova iniciativa, co obxectivo de favorecer a conexión de persoas de calquera ámbito, non só tecnolóxico, interesadas en compartir coñecemento, reflexións e propostas sobre esta temática.
Toda a información en http://www.distopiascotias.gal/