Saltar al contenido

Developer Vago: mastering git (¡no Centro Agora as 19:00!)

Foto de Antón R. Yuste
Hosted By
Antón R. Y. y Ismael
Developer Vago: mastering git (¡no Centro Agora as 19:00!)

Detalles

En Decembro eran moi malas datas, en Xaneiro fallounos o poñente... así que derrapando un pouco, convocamos o primeiro Developer Vago na Coruña.

Developer Vago é un nome importado do grupo de usuarios sevillano e que tivo moito éxito nesa cidade primeiro e no JUG de Vigo despois. A idea é facer unha charla-formación sobre un tema xenérico pero importante, neste caso, control de versións con git.

Será unha sesión onde se explicarán os conceptos claves dende o principio, para ir avanzando a temas máis complexos e boas prácticas.
Haberá slides e tamén programación en vivo. Entre outras cousas veremos:

  • Traballar con varios repositorios "remotes"
  • Resolver conflitos
  • Facer unha Pull Request
  • Rebase interactivo (moi importante!)
  • Stash

Pois si, as típicas cousas que te poden preguntar nunha entrevista de traballo ;-)

¿Tes algún truco máis?. O rematar a sesión, haberá opción de facer charlas cortas (5 min.) para que o podas compartir cos demáis. E por suposto, o Kahoot no que nos xogaremos unha licencia de JetBrains (645€).

¡Atención!

O meetup farase no Centro Ágora, aula 9, as 19:00 o xoves 24 de Xaneiro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 90 minutos,

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos patrocinados por Optare Solutions no bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor.

¡Anímate!

Photo of CoruñaJUG group
CoruñaJUG
Ver más eventos
Centro Ágora
Av. Gramela, 17 · A Coruña, La