Skip to content
Code Law

Details

Bárbara Román e José M. Sendín - NoLegalTech

A situación laboral dos programadores, desenvolvedores e traballadores informáticos en xeral dentro das empresas de software é un tema recurrente nas conversacións entre técnicos, e a falta de información que existe no sector sobre situacións que rozan o abuso laboral é a tónica de cada día.

É por iso que queremos divulgar a cuestión laboral dalgún xeito nas comunidades técnicas, pero sobre todo que esa información chegue ós novos profesionais, os que aínda terán que sufrir becas FEUGA en sitios onde non os forman, cambios de contrato arbitrarios, despidos por motivos sospeitosos.

Os novos traballadores deben poder coñecer as opcións que existen no mundo empresarial - contratados, freelance, autónomos dependentes, empregados de empresas estranxeiras - e laboral - contratos por obra e servizo, motivos dun despido, causas de nulidade de despidos, ética laboral, cambios de contrato ou condicións de traballo-.

E de todo esto vai ir a charla, non faltes, merecerá a pena :)

Photo of GPUL group
GPUL
See more events
Facultade de Informática, Campus de Elviña s/n · A Coruña