Saltar al contenido

Detalles

Menos hackathons pero máis interesantes.

Este ano os Coruña Hacks serán un pouco máis intensos, durante 3 sábados de meses consecutivos, desenvolveremos proxectos libres con un obxectivo claro, presentar unha versión funcional ao final do 3º hackathon, aló polo mes de Decembro.

En este link https://gitlab.com/corunahacks/2018 podes atopar os proxectos que foron seleccionados e aos que te podes unir no próximoevento.

fyd: Plataforma de votacións como alternativa a Doodle.
QAS: Sistema de análise da calidade do aire.
open-etdqvs: App para coñecer aos teus compañeiros de traballo.
Matrix Hacks: Equipo que contribuirá ao proxecto matrix.org

Buscamos developers e deseñadores que traballaran a contrareloxo durante estas 3 xornadas, nos proxectos para finalmente presentar os seus avances ao rematar o último hackathon. Por suposto, os mellores terán premio!

E como non todo vai ser traballar, despois dos premios do sábado 1 de Decembro, iremos todos de cea.
Se te apuntas a vir cear, É PRECISO APUNTARSE EN ESTE ENLACE:
https://www.meetup.com/es-ES/GPUL-Labs/events/255891304/

Temas relacionados

También te puede gustar