CoruñaHacks


Details
3 hackathons, premios e un gran ambiente , eso son os CoruñaHacks
Volven os Coruña Hacks mantendo a intensidade da última edición, o segundo sábado de cada mes xuntaremonos para desenvolver proxectos libres con un obxectivo claro, presentar unha versión funcional ao final do 3º hackathon, aló polo mes de Maio.
Buscamos developers e deseñadores que traballarán a contrareloxo durante estas 3 xornadas nos proxectos para finalmente presentar os seus avances ao rematar o último hackathon. Por suposto, os mellores terán premio!
-
Espazo de comunicación
Únete ao noso Slack que será o centro de comunicación da comunidade https://join.slack.com/t/corunadevelopers/shared_invite/enQtMzAxMzU4MzMwMDMyLThkNWYwMzMzODUzMmE0MDE0MGFhZjIxM2U5MzdkYjhlNTM3ZDZhYjliNTk4NWRhYzYwMzI0MjRlZjUyN2JiN2U -
Propoñer proxectos
Entra na canle #ideas-coruna-hacks dentro do Slack e propón ese proxecto que che ronda a cabeza dende fai tempo ou escríbeo neste post https://forums.gpul.org/t/proyectos-corunahacks-2019/610 para ir pouco a pouco xerando interese entre a xente.
Neste primeiro hackathon calquera poderá propoñer proxectos e entre todos faremos equipos, escolleremos os mais interesantes e comezaremos a currar en eles, loitando por ser o mellor proxecto dos CoruñaHacks ;)
- Coruña miniHacks
E como novidade, nesta edición tamén temos unha versión para os pequenos da casa, se tes un rapaz ou unha rapaza con ganas de programar, no dubides en apuntalos aos miniHacks ;)
https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-minihacks-56319130034

CoruñaHacks