[School] - Licenzas libres para seres humanos
Detalles
Hoxe en día existen multitude de licenzas libres baixo as que podemos liberar o noso código.
Cada unha delas ofrécenos unhas características que se poden chegar a aplicar ao noso proxecto.
Nesta charla aprenderemos as principais diferencias entre as licenzas libres máis habituais, e cal é a que máis nos beneficia de cara á finalidade do noso proxecto.
Tamén se fará unha breve presentación da XIII edición do Premio ao mellor proxecto universitario libre.
