Hai dúas formas de probar algo novo en WordPress.
- A primeira é instalalo directamente na web dun cliente e rezar.
- A segunda é coñecer WordPress Playground.
Imaxina que puideses crear un WordPress en cuestión de segundos, sen contratar un hosting, sen configurar bases de datos e sen instalar nada no teu ordenador.
Así. Da nada. Maxia!
Un WordPress no que podes probar plugins, cambiar de tema, experimentar con diferentes versións de PHP ou facer todas esas cousas que nunca te atreverías a probar nunha web en produción.
Pois existe. Chámase WordPress Playground e funciona directamente no teu navegador.
Nesta Meetup imos descubrir que é WordPress Playground, como funciona e, sobre todo, para que nos pode servir no día a día.
E non quedaremos na teoría. Imos fedellar todas as opcións para descubrir ata onde podemos chegar!
Se traballas con WordPress, desenvolves webs, impartes formación ou simplemente che gusta experimentar, esta sesión é para ti.
Non necesitas saber programar nin ter experiencia con Playground.
Empezaremos polo básico e iremos un pouco máis alá.
Porque facer probas está moi ben.
Pero poder rompelo todo e volver empezar sen que ninguén che chame ás dez da noite… iso xa é outro nivel.
- Data: Xoves 29 de outubro ás 19:00.
- Lugar: Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n), Lugo.
- Ao rematar: networking e petiscos grazas a Lucushost.
Esta vez, escacha con todo o que queiras.