
Sobre nosotros
A Industriosa é unha asociación sen ánimo de lucro que xestiona e promove un medialab e fablab na cidade de Vigo. Un espacio onde makers, comunidades tecnolóxicas e empresas, dispoñen do equipamento necesario para poder levar a cabo os seus proxectos. Un punto de encontro onde aprender, compartir e construir.
Eventos próximos
1

Como enfrontarte a unha entrevista técnica
A Industriosa, Avda. Gregorio Espino 38 entresuelo 3, Vigo, pw, ESUnha colección estruturada de técnicas para afrontar os procesos de selección máis esixentes nalgunhas das empresas de software máis competitivas.
Existe unha gran diferenza entre o traballo que realizamos no día a día e o que debemos facer para superar un proceso de selección técnico.
Nesta charla, Orestes Carracedo analizará e descomporá cada unha das fases máis habituais deste tipo de entrevistas, desde a preparación inicial ata as probas técnicas e as conversas finais.
O obxectivo será entender que se avalía realmente en cada etapa, como prepararse de maneira efectiva, que estratexias poden axudarnos a responder mellor e como ensaiar e revisar o noso rendemento para chegar con máis seguridade e confianza.
A charla será o mércores 25 de marzo ás 19:30 no local de A Industriosa.
13 asistentes
Eventos pasados
156

