Saltar al contenido

Obradoiro de programación con Micro:bit para nenas e nenos

Foto de Luis Miranda Acebedo
Hosted By
Luis Miranda A.
Obradoiro de programación con Micro:bit para nenas e nenos

Detalles

Obradoiro de Micro:bit para nenas e nenos entre 7 e 12 anos no que participarán en compañia dun adulto.

As placas Micro:bit naceron no 2016 nun proxecto impulsado pola BBC do Reino Unido e hoxe en día e un dos proxectos mais extendidos a nivel internacional no ensino e introdución a programación e electrónica.

O obradoiro durará media xornada na que as nenas e nenos achegaranse ó mundo da programación por bloques mediante distintas actividades e xogos.

Para elo, utilizaremos recursos que pon a nosa disposición o ecosistema Micro:bit (https://www.microbit.org/es-es/).

Principalmente empregaremos o entorno de programación por bloques MakeCode (https://makecode.microbit.org/), un editor gráfico de código aberto para a aprendizaxe e inicio á programación.

Dende A Industriosa facilitaremos as placas e o material necesario para as actividades, soamente será necesario un ordenador portátil por familia.

Nesta ocasión o evento celebrarase no noso local, na rua Barcelona 13. Para tomar as máximas precaucións as plazas están limitadas a 7 familias, e máximo dous nenos acompañados dun adulto por familia.

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica

Photo of A Industriosa group
A Industriosa
Ver más eventos
A Industriosa
c/ Barcelona 13 · Vigo