Saltar al contenido

Detalles

Rompéuseche o soporte da ducha? Necesitas unha caixa a medida ou especial? Queres facer un molde para dar forma á tua pasta fresca o ás túas galletas? Queres crear unha peza de xoiería, un adorno ou un regalo único? Se tes algún destes problemas ou inquietudes, ou outros parecidos nos que precises crear pezas propias, coñecer un programa de modelado 3D coma FreeCAD podería axudarche a conseguilo empregando a impresión 3D.

FreeCAD é unha das ferramentas de referencia no "mundo maker" para a creación e modelado de pezas en 3D, totalmente libre (e gratuita), que alcanzou o seu máximo apoxeo gracias á popularización das impresoras 3D, ó alcance xa de calqueira persoa hoxe en día. É multiplataforma, polo que poderás usala indistintamente en calqueira ordenador con calqueira Sistema Operativo: Windows, Linux ou OSX.

As nosas relatoras -Elena e Miguel- farán unha introducción dende cero a esta ferramenta, para iniciarte e comezar a crear as tuás primeiras pezas. O obradoiro será totalmente práctico e está pensado para que saias facendo algo xa, cunha mínima base que che permita seguir aprendendo e evolucionando.

Requisitos:
Un ordenador coa última versión de FreeCAD instalada (v0.19, dispoñible en https://www.freecadweb.org/downloads.php) e, preferiblemente, un rato de 2 botóns + roda de desprazamento (os touchpads, trackpads etc. son moi pouco adecuados).

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica

Temas relacionados

También te puede gustar