Saltar al contenido

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó MODELADO 3D CON BLENDER - 2ª Sesión

Foto de Sabela M.
Hosted By
Sabela M.
OBRADOIRO DE INICIACIÓN Ó MODELADO 3D CON BLENDER - 2ª Sesión

Detalles

Detalles.
Blender é un software gratuíto de código aberto para a creación de contidos 3D. Unha ferramenta moi versátil coa que se poden facer diferentes tarefas relacionadas co modelado, coa creación de escenas ou coa animación de elementos e personaxes en 3D.
A pesar de que Blender conta cunha importante Comunidade de usuarios formada por deseñadores e desenvolvedores encargados de ir mellorando ó programa de forma colaborativa cada certo tempo, segue a ter un primeiro contacto que bota a moitos para atrás.
Por iso, é bo que alguén vos abra a porta e vos amose as instalacións para que vos sintades como en casa. Ou noutras palabras, un obradoiro no que coñecer o interface e as funcións máis básicas.
Adquirir algo de base, quitarse os medos, para despois seguir avanzando grazas a diversa e abundante cantidade de contidos como videotitoriais, repositorios, foros, etc. , nos que seguramente encontraredes solución a calquera das vosas necesidades.

Que faremos?
Este obradoiro é de INICIACIÓN A BLENDER, para o que non son precisos coñecementos de Blender ou de modelado 3D. É unha primeira toma de contacto co espazo de traballo, os editores e ferramentas da parte de modelado, para comprender a forma de traballar e cómo movernos polo programa.
Para que non se nos faga bola tanta información e conceptos novos, dividiremos o obradoiro en dúas sesións.

Sesión 1: Conceptos básicos de modelado 3D. Interface. Navegación 3D. Atallos de teclado. Selección e transformacións básicas. Ferramentas de modelado e modificadores.

Sesión 2: Emprego de diferentes metodoloxías, técnicas e ferramentas para obter un modelo 3D a partir dun boceto, imaxe, gráfico vectorial ou dun modelo importado.
Recomendamos a asistencia ás dúas sesións, pero se consideras que só precisas vir á segunda

Que precisas?
Traer un portátil con Blender instalado: https://www.blender.org/download/
Recoméndase o uso dun rato, preferiblemente de 3 botóns (2 + roda de desprazamento ou scroll), para poder moverse polo visor 3D con maior comodidade.

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica

Medidas de seguridad de la COVID-19

Mascarillas obligatorias
El evento se celebrará en interiores
El anfitrión del evento establece las anteriores medidas de seguridad para este evento. Meetup no es responsable de garantizar, ni de verificar de forma independiente, que se sigan estas precauciones.
Photo of A Industriosa group
A Industriosa
Ver más eventos
A Industriosa
c/ Barcelona 13 · Vigo