Saltar al contenido

Detalles

O próximo 15 de Abril volvemos as Katas de Rust da industriosa, será a terceira, cos seguintes horarios:

- 9:30 - 10:00 -> Almorzo nas Ramblas (Pegada ao taller)
- 10:00 - 11:00 -> Pair-programming de prototipo dende a última kata.
- 11:00 - 12:00 -> Explicación I2C e embedded-hal traits
- 12:00 - 13:30 -> Probas de I2C
- 13:30 - 14:00 -> Recapitulación e votación da presentación do seguinte tema.

As katas de Rust é un espacio onde varios desenvolvedores traballan xuntos nun problemas especifico sobre Rust. Ao final da kata falamos sobre os problemas, e de que queremos falar na seguinte kata.

A kata vai estar liderada por Eloy Coto, principal engineer en Red Hat.

Como novidade, algúns vamos a quedar a comer (seguramente no Ourensano), ese día a primeira hora faremos a reserva.

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Intellectual Discussions
Education & Technology
Learning
New Technology
Motivation & Success

Los miembros también están interesados en