Saltar al contenido

Detalles

Neste curso aprenderemos os fundamentos do deseño de circuítos electrónicos e como utilizar KiCad, o popular software de deseño de circuítos electrónicos de código aberto, para crear esquemas e PCBs. Cubriremos temas como a colocación de compoñentes, uso de librerías, o trazado de pistas e a xeración de arquivos Gerber para produción.

Este curso está deseñado como iniciación no deseño de circuítos electrónicos e non se require experiencia previa en KiCad ou deseño de PCB.

Ao final do curso, os participantes adquirirían as habilidades necesarias para deseñar esquemas e PCBs utilizando KiCad.

Para asistir recoméndase que traias o teu portátil, con KiCad 7.0.2 instalado. Pódelo descargar gratis de https://www.kicad.org

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Intellectual Discussions
Education & Technology
Learning
New Technology
Motivation & Success

Los miembros también están interesados en