Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde.


Detalles
Thais Pousada é doutora en ciencias da saúde, terapeuta ocupacional e enfermeira. Profesora do Departamento de Ciencias da Saúde, da Universidade da Coruña (UDC). Membro do grupo de investigación TALIONIS (https://talionis.citic.udc.es/) e do Centro de Investigación nas TIC (CITIC). O grupo de investigación TALIONIS realiza unha exploración aplicada no ámbito da ocupación e da saúde co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas.
É colaboradora en diferentes entidades sen ánimo de lucro, entre as que destacan a Federación ASEM e a Federación Española de Enfermidades Raras. As súas liñas de investigación están relacionadas coa tecnoloxía e os produtos de apoio, especialmente co deseño de solucións en 3D e aplicacións de realidade virtual.

Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde.