Repair Café


Detalles
O vindeiro sábado 1 de Xullo de 17:00 a 20:00 organizamos un Repair Café no Café UF (https://goo.gl/maps/88XaeWAAbfVXhohk8?coh=178571&entry=tt).
E que é isto dos Repair Café (https://www.repaircafe.org/es/acerca-de/)?
Pois ben, a idea é que traidades ese vello ordenador que xa non usades ou que considerades que xa comeza a ir lento para que vos ensinemos como darlle unha segunda vida.
E se tes algún outro aparello electrónico que queirades arranxar... dínolo no formulario e veremos que podemos facer :)
Máis info sobre nós en: https://www.repaircafe.org/es/cafe/repair-cafe-vigo
Organiza: A Industriosa
Colaboran: Informática Solidaria, IEEE UVigo e Enxeñería Sen Fronteiras
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Repair Café