Saltar al contenido

Día Global do Code Retreat

Foto de Luis Diaz-Faes
Hosted By
Luis D.
Día Global do Code Retreat

Detalles

O evento inclúe a comida. Ponte en contacto coa organización se precisas unha dieta individualizada.

Coderetreat é un evento dun día completo para practicar o desenvolvemento de software. Lonxe da presión de "facer as cousas", as programadoras exploramos e desenvolvemos o noso xeito de crear código aplicando boas técnicas de programación. Traballamos xuntas creando código e compartindo experiencia.

Plantéxase un problema cosa complexidade suficiente para xerar unha aprendizaxe enriquecedora. Construíndo repetidamente unha implementación, engadindo retos adicionais e cambiando frecuentemente compañeiras de traballo, Code Retreat é un marco para a aprendizaxe contínua de como construir mellor o software.

Traballaremos sobre o problema do "Xogo da Vida" de Conway, organizadas en pequenos equipos de dúas ou tres persoas, facendo varias iteracións ó longo do día. En cada iteración voltaremos a empezar de cero, cambiando a composición dos grupos e engadindo novas restriccións.

Organizan A Industriosa e CraftersVigo
Colaboran Qualifyze e Boardfy

Photo of A Industriosa group
A Industriosa
Ver más eventos
A Industriosa
Avda. Gregorio Espino 38 entresuelo 3 · Vigo, pw