Facendo Cayapa: Repair Café
Detalles
Un Repair Café é un espazo aberto onde todo xira arredor de reparar obxectos de maneira colectiva. Non é un servizo técnico convencional, senón unha oportunidade para compartir coñecementos, aprender facendo e axudarnos entre todas a darlle unha segunda vida ás nosas cousas.
Como funciona?
- Trae o teu obxecto avariado: pequenos aparellos eléctricos, xoguetes ou calquera cousa que poidas traer baixo o brazo.
- Ferramentas á man: poñemos o espazo, as ferramentas e algúns materiais básicos.
- Mans á obra: a idea é que participes na reparación. Así, ademais de tentar recuperar o teu obxecto, aprenderás como facelo ti mesmo a próxima vez.
Axenda
16:00 – 16:15 | Introdución: o pensamento da reparación
Comezaremos cunha breve charla sobre a filosofía da reparación. Por que arranxamos as cousas? Como pode o xesto de reparar transformar a nosa relación cos obxectos, co consumo e co noso contorno?
16:15 – 20:00 | Mans á obra: Repair Café
Abrimos as caixas de ferramentas e poñémonos a traballar. Entre todas buscaremos solucións para os obxectos danados, compartindo ideas, técnicas e coñecemento.
Máis información en https://aindustriosa.org/facendo-cayapa-repair-cafe/
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
