Saltar al contenido

Detalles

A exploración e o mantemento dos océanos están a vivir unha transformación radical grazas á robótica. Nesta charla coñeceremos o papel fundamental dos vehículos acuáticos na monitorización operativa do medio mariño.

Faremos un percorrido polas diferentes tipoloxías de sistemas existentes e analizaremos como estas tecnoloxías permiten optimizar a recollida de datos en contornas acuáticas complexas ou de difícil acceso.

Para levar a teoría á práctica, contaremos cunha demostración en directo dun BlueROV2. Coñeceremos en detalle os seus compoñentes de hardware e a súa arquitectura de software, así como os desafíos reais da operación dun vehículo destas características: desde a electrónica e a circuitería ata os sistemas de comunicación e control embarcados.

Finalmente, achegarémonos ao ecosistema de desenvolvemento virtual mediante ferramentas de simulación en ROS, fundamentais para deseñar, probar e validar este tipo de sistemas.

Unha visión práctica e actualizada da tecnoloxía submarina, dirixida a todas as persoas interesadas na robótica, a electrónica, o software, a investigación mariña e a exploración dos océanos.

A charla celebrarase o sábado 26 de setembro de 2026, ás 12:00, nas instalacións da Asociación Tecnolóxica A Industriosa, na rúa Gregorio Espino 38, entresollado 3, Vigo.

Máis información en https://aindustriosa.org/

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Temas relacionados

Robotics
Innovation
Education & Technology
New Technology
DIY Technology

También te puede gustar