Saltar al contenido

Detalles

Prepárate para unha tarde de intensidade, aprendizaxe e competición directamente na consola de AWS!

Dende o AWS User Group Galicia, unímonos a outros grupos de usuarios de toda Europa para presentar o AWS Community GameDay Europe. Este é un evento masivo e sincronizado a nivel continental: unha oportunidade única para poñer a proba as túas habilidades na nube nun contorno divertido, práctico e 100% real.

🧩 ¿Que é un AWS GameDay?
É un evento de aprendizaxe gamificado no que os equipos deben resolver retos técnicos baseados en problemas do mundo real. A diferenza dun obradoiro tradicional, aquí non hai diapositivas nin guías paso a paso: é un contorno aberto que che dá liberdade total para explorar solucións “fóra da caixa”.
Nesta edición especial, enfrontaraste a desafíos de IA, Seguridade e Cloud-Native. ¡Práctica pura, cero teoría!

🔧 Información práctica

  • Sede: Vémonos no CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia) en Santiago de Compostela.
  • Equipos: De 2 a 4 persoas. Podes vir co teu equipo ou buscaremos un para ti alí mesmo. ¡É a mellor forma de coñecer outros profesionais do sector en Galicia!
  • Equipo técnico: Imprescindible traer o teu portátil (o centro proporcionará conexión a internet).
  • Cuenta de AWS: Darémosche acceso a unha conta temporal. Non necesitas usar a túa nin incorrer en gastos.
  • Idioma: Ten en conta que, ao ser un evento sincronizado con toda Europa, tanto a plataforma de xogo como o streaming internacional serán en inglés. Non obstante, na sede estaremos todos para axudarnos e comentar a xogada en castelán/galego.
  • Comida y bebida: Haberá snacks e algo de picar para repoñer forzas durante a competición.

🏆 Premios
Non só compites pola gloria europea! Teremos premios locais para os mellores equipos da nosa sede en Santiago.

🕒 Agenda (Horario sincronizado)

  • 17:30 – 18:00: Chegada ao CNTG, rexistro e formación de equipos.
  • 18:00 – 18:20: Introdución oficial (Conexión vía streaming con toda Europa).
  • 18:20 – 20:30: GameDay en directo: ¡A resolver retos!
  • 20:30 – 20:45: Cerimonia de clausura europea e anuncio dos gañadores globais.
  • 20:45 – Remate: Entrega de premios locais e networking final.

🌍 Podes consultar o resto de cidades participantes en: https://www.awsgameday.eu/

🏢 Anfitrión
Agradecemos enormemente ao CNTG por cedernos as instalacións e o seu apoio técnico para facer posible este evento internacional en Galicia.

¡Agardámoste en Santiago para demostrar o nivel de AWS que temos en Galicia!

Temas relacionados

Patrocinadores

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)

NTT DATA

NTT DATA

Descubre las últimas tendencias tecnológicas

También te puede gustar