VigoJUG 8: Acelera o desenvolvemento das túas aplicacións con Docker e Jenkins
Detalles
Atención: debido a toda a xente que se apuntou e para non deixar a ninguén fora, o faremos na biblioteca EMAO do concello (Rúa de García Barbón, 5, vigo)
En Decembro faremos o meetup un pouco máis tarde por mor dos festivos a principio de Decembro pero, para compensar, traemos a un poñente afincado na Coruña que estivo por medio mundo (ApacheCON, JavaOne, Fosdem, etc.) a dar charlas: Carlos Sánchez (https://twitter.com/csanchez).
Carlos está especializado na automatización de software, dende ferramentas de construción a temas de integración e entrega continúa seguindo a filosofía DevOps. Estivo involucrado no Software Libre durante máis de dez anos, é autor do plugin Jenkins Kubernetes e membro da Apache Software Foundation, ademais de outros grupos de Software Libre, contribuíndo a diferentes proxectos coma Jenkins, Apache Maven ou Puppet. Traballa en CloudBees (https://www.cloudbees.com) escalando a plataforma Jenkins.
Aquí tedes algunhas das súas charlas en inglés:
https://www.youtube.com/watch?v=DCkzdsffeh0&list=PLHsuXkXI4xdjGlGkCBdxIAmkzfWXqsUrO
Carlos nos fará unha introdución a integración continúa (CI) e tamén a automatización da entrega (CD), e como conseguilo utilizando un servidor de integración continúa (Jenkins), containers (Docker), un orquestador (Kubernetes) e o plugin que el desenvolveu (https://wiki.jenkins.io/display/JENKINS/Kubernetes+Plugin) para integrar toda a funcionalidade. Presentará e ensinará diferentes funcionalidades coma pipelines, multi-container agents e outras funcionalidades avanzadas para escalar e acelerar os procesos de desenvolvemento de código.
O meetup farase no Kaleido Coworking as 19:30 o martes 19 de Decembro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 60 minutos, ademais das preguntas e o Kahoot no que nos xogaremos algo ;-)
O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos o bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor.
Agradecer a Optare Solutions (http://optaresolutions.com/) pola axuda cos gastos e a Kaleido por deixarnos o local. Temos moita sorte de contar con vos.
¡Anímate!
