Festa vixésimo aniversario de KDE
Detalles
Este ano estase a celebrar o XX aniversario da comunidade KDE.
Por ese motivo, imos organizar unha celebración de aniversario en Santiago de Compostela o día 15 de outubro.
Este evento terá lugar en Matadoiro Compostela (http://matadoirocompostela.com), na Praza Matadoiro.
Para poder asistir é recomendado completar o formulario de inscripción (https://gpul.org/node/18287).
A actividade comezará ás 20:30 cunha poñencia titulada: "Coma colaborar con KDE e outros proxectos de Software Libre". Nesta charla explicaranse diversas formas de colaborar cos proxectos de software libre, centrándose no caso de KDE, tanto no que é a propia programación e desenvolvemento de código coma noutras áreas (traducción, promoción, etc.). Despois terá lugar unha cea para celebrar o viséximo aniversario de KDE e a inaguración do local de GPUL en Santiago. O prezo aproximado da cea será de 10€ por persoa.
Máis información na nova na web de GPUL (https://gpul.org/node/18286) e en https://community.kde.org/Promo/Events/Parties/KDE_20_Anniversary
