Coruña Hacks - Primeira Sesión


Detalles
3 hackathons, premios e un gran ambiente, isto son os CoruñaHacks!
Volve CoruñaHacks, mantendo a intensidade da última edición. Un sábado ao mes xuntarémonos para desenvolver proxectos libres cun obxectivo claro: presentar unha versión funcional ao final do 3º hackathon, aló polo mes de maio.
Buscamos programadoras/es e deseñadores/as que traballarán a contra-reloxo durante estas 3 xornadas nos proxectos. E por suposto, os mellores proxectos terán premio!
- Tedes toda a información en https://corunahacks.gpul.org/
- Únete ao noso Slack que será o centro de comunicación da comunidade: https://bit.ly/39mZftr
- Propón proxectos entrando na canle #coruñahacks dentro do Slack e conta esa idea que che ronda a cabeza dende fai tempo.
Previamente con todas as ideas e proxectos plantexados no Slack faremos unha votación entre todos e todas, para elixir os que realizaremos nos hackathons.
Neste primeiro hackathon teremos unha breve presentación de cada proxecto, faremos equipos e comezaremos a currar en eles, loitando por ser o mellor proxecto dos CoruñaHacks ;)
Coruña miniHacks tamén está de volta. Nesta edición tamén temos en paralelo unha versión para as cativas e cativos da casa. Podes atopar toda a información en https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-minihacks-2020-97993580437

Cancelado
Coruña Hacks - Primeira Sesión