Mesa redonda: experiencias Coruñesas co traballo remoto


Detalles
Nestes últimos meses, por mor do CoVid-19, todos nos vimos forzados a cambiar o noso día a día da noite á mañá. O traballo en remoto volveuse unha norma, e esta situación non nos colleu igual de preparadas a todas as empresas e traballadores.
Unha situación que parecía temporal xa se está a alongar por máis de 7 meses.
Por isto, queremos xuntar nunha mesa redonda a catro empresas fundadas en A Coruña escoitarlles de primeira mano como era o seu día a día antes e despois desta situación, que retos tiveron que asumir, que cambiou no seu que facer diario e, sobre todo, que perspectivas de futuro teñen.
Para isto contaremos con:
- Andrea Lozano. Content specialist en Arengu
- Chema Casanova. Co-fundador de Igalia
- Brais Árias. Consultor e desenvolvedor de software libre en Icarto
- Inés Bra. Co-fundadora de Opositatest
Cremos que no hai mellor xeito de aprender e mellorar que saír de teu contexto habitual e escoitar como outras persoas se enfrontaron aos teus mesmos retos.
Buscaremos que a mesa redonda sexa o máis amena posible e tocaremos temas como a cultura de empresa, o onboarding dunha nova fichaxe, o rendemento dos traballadores, a nova lei de teletraballo e perspectivas de futuro. A charla será retransmitida en directo por Youtube para que poida participar toda a comunidade e introducir preguntas ou temas á mesa redonda.
Esperámosvos!

Mesa redonda: experiencias Coruñesas co traballo remoto