Estamos na horta e non vemos as verzas, unha conversa sobre privacidade.


Detalles
Estamos na horta e non vemos as verzas. Unha conversa sobre privacidade, capitalismo de datos e soberanía tecnolóxica.
Estamos na horta e non vemos as verzas, e iso que son ben grandes e botan raíces por todas partes. Vivimos nunha sociedade na que os oligopolios tecnolóxicos nos vixían constantemente, e explotan os nosos datos para o seu beneficio.
Dende Trackula e o Colectivo das Pedras Galladas decidimos xuntarnos para falar sobre privacidade, capitalismo de datos e soberanía tecnolóxica. Un espazo aberto no que calquera poderá intervir e no que xuntos intentaremos entender a importancia da privacidade e as consecuencias que pode ter perdela.
O evento terá lugar o día 10 de xuño ás 19:00 de xeito online no seguinte enlace.
Anímaste?
O link ao evento é o seguinte:
https://faladoiro.melisa.gal/b/jor-v86-egk-z9y
Por último, agradecemos enormemente á asociación Melisa por cedernos a infraestrutura tecnolóxica para o evento e a GPUL pola plataforma de Meetup :)

Estamos na horta e non vemos as verzas, unha conversa sobre privacidade.