Saltar al contenido

Non sexas o único que non coñece a liña de comandos en WordPress

Foto de Daniel P.
Hosted By
Daniel P. y 3 más
Non sexas o único que non coñece a liña de comandos en WordPress

Detalles

👩‍💻 Sabías que podemos instalar WordPress, crear entradas ou páxinas, modificar menús ou desactivar plugins sen entrar no panel de administración?

WordPress é moi grande.

Tanto que moitas veces descoñecemos algunhas das súas funcións máis potentes. E é que hai moita vida alén da interfaz gráfica e das opcións que podemos seleccionar co rato.

🤜🤛 Queremos que te enfrontes a unha liña de comandos. Si, sen medo. Unha liña de comandos. Unha pantalla en negro, unha serie de instruccións e a capacidade de manexar o teu WordPress desde aí.

Tranquilo, non é cousa de hackers.

WP-CLI é unha interfaz de liña de comandos que serve para xestionar de xeito sinxelo un WordPress. Ti escribes correctamente unha serie de textos e execútanse esa serie de procesos.

Aprende desde 0 que é e como se utiliza na túa web na próxima edición da Meetup de WordPress da Coruña da man de Jesús Amieiro.

📡 Jesús é enxeñeiro de telecomunicacións e artesán das TIC. Membro activo da comunidade de WordPress. Traballa como programador en Automattic, enfocado na área de internacionalización e tradución (https://translate.wordpress.org/). Tamén ten participado en numerosas Meetups e WordCamps en diferentes partes do mundo.

🗓 A actividade terá lugar o vindeiro día 3 de novembro de 2022 en WekCo (Novo Mesoiro, nº2. Baixo. A Coruña) a partir das 19:30 horas.

🍕 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos.

Apúntate, só hai 40 prazas!!

🚌 Sabes chegar a WekCo?

  • En coche, hai moito sitio onde aparcar
  • En autobús, na liña 21

-----------------------------------------------------------------

[ESP]

No seas el único/la única que no conoce la línea de comandos en WordPress. Y tranquilo/a, no es cosa de hackers, aunque lo parezca!

👩‍💻 ¿Sabías que podemos instalar WordPress, crear entradas o páginas, modificar menús o desactivar plugins sin entrar en el panel de administración?

WordPress es muy grande.

Tanto es así que muchas veces desconocemos algunas de sus funciones más potentes. Y hay mucha vida más allá de la interfaz gráfica y las opciones que podemos seleccionar con el ratón.

🤜🤛 Queremos que te enfrentes a una línea de comandos. Sí, sin miedo. Una línea de comandos. Una pantalla negra, una serie de instrucciones y la posibilidad de gestionar tu WordPress desde allí.

No te preocupes, no es cosa de hackers.

WP-CLI es una interfaz de línea de comandos que sirve para administrar fácilmente un WordPress. Escribes una serie de textos correctamente y esa serie de procesos se ejecutarán.

Aprende desde cero qué es y cómo se utiliza en tu web en la próxima edición de la Meetup de WordPress en A Coruña con Jesús Amieiro.

📡 Jesús es ingeniero de telecomunicaciones y artesano de las TIC. Miembro activo de la comunidad de WordPress. Trabaja como programador en Automattic, enfocado en el área de internacionalización y traducción (https://translate.wordpress.org/). También ha participado en numerosas Meetups y WordCamps en diferentes partes del mundo.

🗓 La actividad tendrá lugar el próximo 3 de noviembre de 2022 en WekCo (Novo Mesoiro, nº2. Bajo. A Coruña) a partir de las 19:30 horas.

🍕 A continuación, y justo al finalizar el evento, tendremos nuestro habitual networking acompañado de unos pinchos.

¡Apúntate, solo hay 40 plazas!

🚌 ¿Sabes llegar a WekCo?

  • En coche, hay mucho sitio donde aparcar
  • En autobús, en la línea 21
Photo of WordPress Coruña group
WordPress Coruña
Ver más eventos