Galicia WordPress Day 2025


Detalles
Este evento de verán non se celebra no lugar habitual das meetups, non te despistes! Vémonos no Clube de Campo e Tiro de Bonxe, en Outeiro de Rei (Lugo). A info sobre como chegar… máis abaixo!
Cando chega o bo tempo, as meetups adoitan parar porque hai que aproveitar o verán.
Pero imos ser sinceros: encántanos xuntarnos, coñecer xente nova, falar de WordPress ou do que cadre. Así que cando os nosos amigos do Clube de Campo e Tiro de Bonxe nos ofreceron ir pasar o día con eles… non nos puidemos negar!
CAL É O PLAN?
Quedamos alí o sábado 30 de agosto ás 12:00.
Se é a túa primeira vez no Clube de Campo e Tiro de Bonxe, xusto ás 12:00 faremos unha visita guiada polo club e contaremos un pouco da súa historia e outras curiosidades.
Aproveitando que estaremos en plena natureza, faremos un picnic, que non falte comida!
A comida e a bebida poñémola nós, grazas ao noso patrocinador LucusHost, non fai falla que traias nada. O que si, e se che apetece, podes traer algo de sobremesa e compartímolo entre todos.
Unha torta, un biscoito, uns pasteis... se algo se che dá especialmente ben é benvido!
Calquer momento é bo para ter conversas sobre WordPress. Tes un proxecto e precisas guía? Queres saber o último do mundo WordPress? As novidades? Tes algún problema que precisa solución? Buscas contacto con algún profesional de Internet?
Para todo isto e máis, alí estaremos.
HAI PROGRAMA DE ACTIVIDADES?
Algo hai!
Visita guiada. Como che comentamos, faremos unha visita guiada ao Clube de Campo e Tiro de Bonxe.
Formación. Antes da comida será o momento de aprender e compartir. Algo práctico e útil para quen estea metido no mundo WordPress e do emprendemento. Un taller, un open space, unha demostración... para aprender nun ambiente relaxado.
Comida. Xantaremos todos xuntos. Comida e bebida arreo. Hai que manter o corpo.
Xogos. Á tarde temos entre mans varios xogos para que demostres o moito que sabes de WordPress. Prepárate ben, porque quen gañe leva premios grazas ao noso patrocinador LucusHost.
Networking. Aproveita e fai contactos. Trae tarxetas do teu negocio e intercámbiaas. Se precisas guía co teu negocio en Internet, seguro que atopas algún experto aquí.
COMO CHEGAR?
En coche é a única opción, seguindo as indicacións de Google Maps. A localización exacta é esta.
Se podes chegar polos teus propios medios ata Outeiro de Rei, podemos ir buscarte desde alí. Son 5 minutos.
Se non tes como chegar, o mellor que podes facer é escribirnos á meetup de WordPress Lugo e organizámonos para levar o menor número de coches posible e recoller polo camiño a quen o precise desde distintos puntos da zona.
ISTO É PARA MIN?
Se te preguntas: «¿Isto é para min?», a resposta é un si rotundo.
- Se tes curiosidade polo mundo de WordPress, das páxinas web, queres unha consultoría gratuíta… vén.
- Se non coñeces a ninguén ou se xa coñeces a alguén… vén.
- Se queres traer a alguén “enganado”… vén.
- Se hai tempo que viñas ás Meetups e o deixaches… vén.
- E se es unha das persoas habituais… vén tamén.
E se non podes estar ás 12:00 (aínda que molaría), pero podes chegar pola tarde… vén igual!
COMO ME ANOTO?
Agradecemos que te anotes para saber canta comida e bebida hai que levar. Podes facelo aquí mesmo ou en **info@wplugo.eu**

Patrocinadores
Galicia WordPress Day 2025