Fornada de primavera
Detalles
Arranca a primavera cociñando nun forno de leña tradicional. Este batch-cooking comunal alegrará as comidas da túa semana con ese arrecendo que so se consegue cociñando nun forno de pedra.
Como funciona
Trae as túas bandexas de casa listas para meter no forno.
Mentras se cociña a túa comida, podes quedar no pendello tomando algo e falar co resto da xente ou podes ir dar un paseo polo Camiño Real.
Cando comeza
O forno estará listo para cocer arredor das 11:00, momento en que se mete o pan (se alguén quere cocelo). A medida que baixa a temperatura, vanse sacando e metendo as bandexas.
O lume prenderase arredor das 8:00. Se es unha persoa madrugadora e queres participar na preparación do forno, podes vir sen problema.
Que podo meter no forno
Calquera comida que queiras preparar cun máximo de tres bandexas por persoa.
Hai que levar algo máis
Roupa cómoda (e vella, se queres prender o lume). Haberá café, infusións, auga, cervexa, viño, biscoito, empanada e queixo para tomar algo mentras cociñamos.
Prezo
20 € por persoa.
Forma de pago
Bizum
Cancelacións e devolucións
Tes até venres 20 de marzo de 2026 para cancelar a túa participación e obter unha devolución do 100 %.
Se cancelas o sábado 21, a devolución será do 50 %.
