#GPULSchool: SteamOS, un sistema operativo para videoxogos
Detalles
#GPULSchool: SteamOS, un sistema operativo para videoxogos
SteamOS é un sistema operativo baseado en Linux usado en máquinas de videoxogos como a Steam Deck, a Lenovo Legion Go S e proximamente a Steam Machine, entre outras.
Nesta charla, un dos membros do equipo de SteamOS dará unha visión xeral do sistema operativo, do seu deseño e as súas funcionalidades básicas, explicando como o software libre fixo posible a creación dun sistema como este, cal foi o traballo necesario para converter Linux nun sistema capaz de correr a maior parte dos videoxogos, e os efectos positivos deste traballo na comunidade Linux en xeral.
Con Alberto García (https://floss.social/@berto)
📆 Xoves, 11 de decembro
🕑 19:30
📍 Aula 3.1 - Facultade de Informática
🔗 Máis información (https://gpul.org/eventos/2025/steamos/)
