Saltar al contenido

Detalles

Sabes por que algúns competidores nadan na abundancia e ti non?
Mira, falemos claro.

Algúns emprendedores teñen a crenza de que para gañar diñeiro chega con ser bo no que fas.

Que os potenciais clientes colapsarán os servidores do teu email e as chamadas do teu teléfono.

É só cuestión de tempo.

A realidade é que logo de seis meses terás que baixar a reixa do negocio porque non fixeches nin a primeira factura.

Mentres non aprendas a vender esquécete de ter un negocio rendible.

E si, sei o que estás a pensar. Que isto non che gusta, que non é para ti, que non sabes facelo... en esencia, que tes medo a vender.

Medo a que che rexeiten. Inseguridade sobre o valor do que vendes. Dificultades para definir e presentar unha oferta.

E para mitigalo, pois baixas o prezo ou regalas o traballo.

Ben. Pois hai solución.

Definir unha oferta comercial efectiva e que convirta é posible, se sabes como. E para definila hai que saber tamén que debe incluir e que non.

Disto falaremos na próxima Meetup de WordPress de Lugo con Yolanda Pazos, consultora e formadora en Márketing e Vendas.

📅 Terá lugar o próximo xoves día 27 de xuño a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

🍻 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador do Meetup LucusHost.

Temas relacionados

Web Development
WordPress
WordPress for Business
WordPress Plugins
WordPress Developers

Patrocinadores

Woo

Woo

Woo is the leading open-source ecommerce platform, built on WordPress.

Jetpack

Jetpack

Safer, faster WordPress.

WordPress com

WordPress com

We're a hosted version of the open-source software

Hostinger

Hostinger

Helping people build their online presence

También te puede gustar