Coruña Hacks
Detalles
Menos hackathons pero máis interesantes.
Este ano os Coruña Hacks serán un pouco máis intensos, durante 3 sábados de meses consecutivos, desenvolveremos proxectos libres con un obxectivo claro, presentar unha versión funcional ao final do 3º hackathon, aló polo mes de Decembro.
En este link https://forums.gpul.org/t/proxectos-coruna-hacks-2018-2019/522 podes propoñer ideas para desenvolver que durante o primeiro evento presentaranse e como en calquera hackathon, faranse equipos ao redor dos proxectos máis interesantes.
Buscamos developers e deseñadores que traballaran a contrareloxo durante 3 xornadas nos proxectos para finalmente presentar os seus avances ao rematar o último hackathon. Por suposto, os mellores terán premio!
E como non todo vai ser traballar, despois dos premios iremos todos de cea :)
PD: Apúntate ao noso slack para estar ao día de todo https://join.slack.com/t/corunadevelopers/shared_invite/enQtMzAxMzU4MzMwMDMyLThkNWYwMzMzODUzMmE0MDE0MGFhZjIxM2U5MzdkYjhlNTM3ZDZhYjliNTk4NWRhYzYwMzI0MjRlZjUyN2JiN2U
