Saltar al contenido

Detalles

🚀 Regresa a meetup de WordPress Pontevedra con nova localización na Facultade de Belas Artes. Ademais dos que son asiduos a estas reunións, todos aqueles que nos descubriron durante a WordCamp de setembro e os que chegarán por casualidade, gustaríanos contar co alumnado e profesorado da facultade porque de seguro lle sacarán proveito aos temas que imos tratar.

🍿 E de que imos falar?
Cantas veces entraches nunha web, que a simple vista semellaba interesante, cun bo deseño e todo funcionando correctamente, e saíches coa sensación de ter perdido o tempo, ou frustrado ó non atopar o que buscabas? Nesta charla veremos as cousas sobre as que se debería reflexionar ou os pasos a seguir, antes de poñerse a crear unha web ou de encargala.

👨🏻‍🏫 Quen será a relatora?
Sabela Muñiz é unha creativa dixital que na actualidade está a desenvolver un proxecto de comunicación no que aplicar a metodoloxía que emprega á hora de dar charlas ou talleres para achegar as novas tecnoloxías a todos os públicos. Membro moi activo da Comunidade de WordPress Pontevedra, colabora con diferentes proxectos tecnolóxicos, sobre todo se son colaborativos.

🚪 O evento ten lugar no espazo 16 da Facultade de Belas Artes, no primeiro andar (colocaremos letreiros e alí estaremos para guiarte se te perdes!)

Temas relacionados

CMS (Content Management Systems)
Online Marketing
Web Design
Web Development
WordPress

Patrocinadores

Woo

Woo

Woo is the leading open-source ecommerce platform, built on WordPress.

Jetpack

Jetpack

Safer, faster WordPress.

WordPress com

WordPress com

We're a hosted version of the open-source software

Facultade de Belas Artes UVigo

Facultade de Belas Artes UVigo

Nos ceden el Espazo 16 para celebrar las meetups de manera gratuita

También te puede gustar