Saltar al contenido

Se ha cancelado este evento

Detalles

⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️
EVENTO APRAZADO
⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️

🚀 PRONTO no Espazo Arroelo teremos unha conversa moi interesante!

🍿 E de que imos falar?
Cantas veces entraches nunha web, que a simple vista semellaba interesante, cun bo deseño e todo funcionando correctamente, e saíches coa sensación de ter perdido o tempo, ou frustrado ó non atopar o que buscabas? Nesta charla veremos as cousas sobre as que se debería reflexionar ou os pasos a seguir, antes de poñerse a crear unha web ou de encargala.

👨🏻‍🏫 Quen será a relatora?
Sabela Muñiz é unha creativa dixital que na actualidade está a desenvolver un proxecto de comunicación no que aplicar a metodoloxía que emprega á hora de dar charlas ou talleres para achegar as novas tecnoloxías a todos os públicos. Membro moi activo da Comunidade de WordPress Pontevedra, colabora con diferentes proxectos tecnolóxicos, sobre todo se son colaborativos.

🚪 O evento ten lugar na sala 23 do Espazo Arroelo. Non é tan grande como a biblioteca e por iso temos que poñer un límite de asistentes, así que se acabas sen poder vir lembrade liberar praza.

CMS (Content Management Systems)
Online Marketing
Web Design
Web Development
WordPress

Los miembros también están interesados en