Falemos de redes sociais sen falar de redes sociais
Detalles
🤔 Deberiamos facer a reunión de xaneiro en febreiro? Sen problema! Falaremos de redes sociais... ou non... haberá que vir a entendelo porque o título de Xabier deixa moitas preguntas abertas. Ben seguro é que aprenderás moito e poderás contactar con usuarios de WordPress e profesionais da zona e pasalo ben.
🕰 De que imos falar?
Que mellor maneira de entender as nosas redes sociais actuais que explorar o seu pasado? Non te perdas a charla especial sobre a influencia histórica nas plataformas de xestión de redes sociais. Prometemos un evento cheo de coñecementos, discusións enriquecedoras e tal vez algunha sorpresa.
🚪 O evento terá lugar no espazo 16 da Facultade de Belas Artes, no primeiro andar. Está aberto ao alumnado e profesorado da Facultade e ao público en xeral.
🥤 Despois da charla haberá networking (é dicir, refrescos/cervexa e boa conversa) no Doble M, a primeira gratis grazas aos nosos patrocinadores. Alí podes falar e responder aínda máis preguntas!
📱 Temos un grupo de Telegram para que non te perdas nada novo das nosas reunións ou por se te perdes pola facultade... únete premendo aquí!




