I Obradoiro de soldadura SMD
Details
Aprende as técnicas para soldar "a man" compoñentes pasivos e LEDs SMD (nesta ocasión, serán de caixa 1206) e circuítos integrados SMD nas caixas máis comúns, como SOIC-8, SOT-23-5, de forma sinxela e eficiente, e tamén como reaccionar ante erros de soldadura.
Revisaranse así mesmo as técnicas de soldadura TH (Through-Hole), mediante a soldadura de regletas de pines (headers) e algún outro compoñente de orificio pasante.
Neste obradoiro, soldarás os compoñentes necesarios para ensamblar unha placa de alimentación para Raspberry Pi 3 e 4 que proporciona máis corrente (4 A) que o cargador oficial ordinario (2,5 A). Moi útil para o desenvolvemento e para poder trebellar con esa popular plataforma sen preocupacións por defecto de potencia e así levar a un seguinte nivel os teus proxectos Open Hardware.
Anímate e ven!
Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica
