Integración continua de cero a cen con Jenkins Pipelines
Details
Volvemos cunha charla moi especial da man de un dos habituais no panorama tecnolóxico galego: Eloy Coto (@eloycoto) é contribuidor de varios proxectos opensource (Cilium, Kamailio) e virá a falarnos do que está a facer con Jenkins, o aplicativo de Integración Continua máis popular e que fai un uso extensivo de Java e Groovy e de como configuralo e usalo para que os workflows de Continuous Integration sexan mais eficientes.
Esta charla será unha boa oportunidade para introducirse a Integración Continua e Jenkins. En especial, cas novas versións que inclúen as Pipelines. Se non estás facendo Integración Continua ou aínda estás creando jobs a man en Jenkins.. non te podes perder estar charla.
A charla en Vigo foi un exitazo, aquí tedes algunhas fotos e comentarios: https://www.meetup.com/VigoJUG/events/251637201/
A presentación da charla da man de Eloy:
Jenkins é outra ferramenta para facer Continuous Integration. O obxectivo da charla é explicar como escribir mellores Pipelines, como ter versionado a configuración de workflows e como xestionar o día a día neste servizo:
A charla consistira en:
- Que é a Continuous Integration
- Que é Jenkins e para que sirve
- Pipelines e Declarative Pipelines.
- JobDSL
- Reporting
- Scaling
- Must Plugins
