Skip to content

Kafka vs. your database

Photo of Antón R. Yuste
Hosted By
Antón R. Y. and 2 others
Kafka vs. your database

Details

Ultimamente levamos unha serie de charlas de moito nivel no JUG pero non esquecemos que o JUG é un sitio para que todo o mundo teña a oportunidade de compartir a sua experiencia, así que hoxe estamos moi contentas de anunciar a charla de Antón Rodríguez, Enxeñeiro de Datos en ZaraTech e co-organizador dos JUGs de Coruña e Vigo.

A sua charla, nas súas propias palabras:

"Nos últimos meses estiven a traballar (e aprender) moito con Kafka, Kafka Streams e Spark Structured Streaming. Inda que tivera a oportunidade de facer cousas con esas tecnoloxías no pasado, a evolución que tiveron nos últimos anos abriume a mente a novos patróns de arquitectura (event collaboration, event sourcing, CQRS) e solucións a problemas que, a priori, nunca houbera pensado posible, como por exemplo, almacenar todos os teus datos no sistema de mensaxería en lugar de facelo nunha base de datos. Nesta charla gustaríame introducir Kafka e o seu ecosistema (Kafka Streams, Kafka Connect, Kafka SQL) e profundizar nos patróns que habilita, en que casos pode ter sentido aplicalos e os pros e contras de facelo."

O meetup farase no Centro Ágora, aula 9 (graciñas a CoruñaDixital pola colaboración) as 19:00 o xoves 14 de Novembro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 90 minutos ademais do típico xogo onde nos xogaremos unha licencia de JetBrains e outra de Codely.

Antes da charla, faremos un obradoiro de Kafka Streams; pódeste apuntar aquí: https://www.meetup.com/CorunaJUG/events/266199913/

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos patrocinados por Corunet (graciñas!!) no bar do lado para charlar un rato e relaxarnos un pouco e coñecernos.

Photo of CoruñaJUG group
CoruñaJUG
See more events
Centro Ágora
Av. Gramela, 17 · A Coruña, La