Skip to content

Elixir vs. Java (aka. Elixir for Java developers)

Photo of Antón R. Yuste
Hosted By
Antón R. Y. and 2 others
Elixir vs. Java (aka. Elixir for Java developers)

Details

Hoxe temos o pracer de anunciar a unha poñente da que tiñamos moitas ganas: Laura M. Castro (@lauramcastro). Non soamente por ser un dos profesionais máis top da Coruña, con charlas en conferencias de moito nivel e cunha espectacular carreira docente e de investigación, tamén por todo o que fai pola comunidade local e, en especial, a sua actividade en prol de facer o ámbito técnico máis diverso e aberto a todo o mundo, apoiando entre outras iniciativas coma HelloSisters (@hello_sisters_).

Ademáis non vai faltar polémica na sua charla, vai (tentar) convencernos das bondades de Elixir e a programación funcional. Se queres estar a última e ter unha charla de nivel sobre linguaxes de programación, ¡non podes perder esta charla!

A charla, nas súas propias palabras:

"Elixir é unha desas linguaxes que soan moito nos últimos tempos, un
dos 'new cool kids on the block'. Nesta charla, veremos unha
introdución a Elixir desde a perspectiva de quen está familiarizada/o
co mundo Java: teñen algo en común? cales son as diferenzas? Quen
sabe... se tes demasiada cafeína no teu sistema, quizáis te animes a
probar esta nova beberaxe!"

O meetup farase no Centro Ágora, aula 9 (graciñas a CoruñaDixital pola colaboración) as 19:00 o martes 10 de Decembro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 90 minutos ademais do típico xogo onde nos xogaremos unha licencia de JetBrains e outra de Codely.

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos patrocinados por Corunet (graciñas!!) no bar do lado para charlar un rato e relaxarnos un pouco e coñecernos.

Photo of CoruñaJUG group
CoruñaJUG
See more events
Centro Ágora
Av. Gramela, 17 · A Coruña, La