Ética, Privacidade e Tecnoloxía: retos abertos para os anos vinte
Details
Primeira sesión de Distopías Cotiás: encontros mensuais nos que reflexionar sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.
O obxectivo desta iniciativa é favorecer a conexión de persoas de calquera ámbito, non só tecnolóxico, interesadas en compartir coñecemento, reflexións e propostas sobre tecnoloxías e prácticas na contorna dixital que, ata fai ben pouco, ocupaban a esfera da ciencia ficción e que, a día de hoxe, xa forman parte, en maior ou menor grao, da nosa realidade cotiá.
Falamos de cuestións que están a xerar fondos debates, polo seu enorme impacto na nosa sociedade como: ética tecnolóxica, soberanía dixital, capitalismo de vixiancia, rexistros biométricos, manipulación masiva…
O formato deste primeiro encontro componse de:
-
Breve charla inicial "Ética, Privacidade e Tecnoloxía: retos abertos para os anos vinte". Impartida por Pablo Castro (Trackula). Desenvolvedor frontend e co-fundador de Arengu, é un activista destacado pola liberdade en internet e o software libre. Leva 8 anos como unha das cabezas visibles do GPUL, un dos LUGS (Grupos de usuarios de Linux) máis grandes e activos de España, un par de eles facendo cousas pro-privacidade en Trackula e coorganizando AtlanticaConf, a maior conferencia tech de Galicia.
-
Debate e conversa aberta entre as persoas asistentes.
