Taller de iniciación a Java e a programación orientada a obxectos
Details
Aínda que estamos moi contentos cos meetup ata o de agora, onte no tempo das cervexas houbo unha crítica: estamos facendo meetups moi técnicos e difíciles de seguir para aqueles que vos estades acercando a programación. O equilibrio neste tema non é doado: había moitas ganas de facer charlas de JVM en Vigo e o nivel dos poñentes é moi alto. Co tempo a situación normalizarase pero mentres, estamos deixando a xente fora e iso non pode ser.
Para compensalo, imos a organizar un Workshop introdutorio o martes 23 de Maio no Kaleido de 19:00 a 21:00. Traede os vosos equipos, todas as dúbidas que teñades e vinde a pasar un par de horas descubrindo a programación orientada a obxectos e Java. Por ir con un guión, propoñemos tratar:
• Instalar un IDE.
• Clases, obxectos, atributos e métodos.
• Encapsulación e abstracción.
• Constructores.
Pero se tedes outras ideas ou dúbidas, tamén trataremos de responder e axudar no que poidamos.
Polo de agora imos limitar o número para usar soamente a sala de reunións. Se houbera moita afluencia, buscamos outra forma.
Se o evento sae ben e o feedback é positivo, tentaremos de facer máis, incluso cunha frecuencia periódica tal e como facemos as charlas. Se tedes calquera idea, dúbida ou queredes colaborar, comentade no canal #VigoJUG de Slack (https://slackin-vigotech.herokuapp.com), estamos atentos ;-)
Apertas,
Os organizadores do VigoJUG
