Skip to content

Details

Desta volta imos cun meetup diferente, facendo equipo ca xente de Android Vigo Developer Group ( https://www.meetup.com/Vigo-Android-Developer-Group/ ), falaremos de Android e de varias cousas no seu ecosistema. En lugar de un poñente, teremos varios deles aportando a sua visión, os seus pequenos trucos en charlas cortas de 10 a 20 minutos (máximo) de duración.

E se te animas, deixa un comentario e propón a túa!

Os que xa están confirmados:

  • "Kotlin" por Saul Molinero, organizador do grupo Android Vigo Developer Group.
  • "De la web al móvil con Ionic" por Dani Rodríguez organizador do grupo VigoJUG e responsable da App do marisquiño.
  • "Shame on you, Java" por Antón Rodríguez, organizador do grupo VigoJUG.

O meetup farase no Kaleido Coworking (¡gracias!) as 19:30 o Xoves 10 de Xaneiro. O rexistro faise a través da páxina do Meetup. A duración estimada será de 60 minutos, ademais das preguntas e o Kahoot no que nos xogaremos unha licencia de Jetbrains (~600€.. ¡gracias!).

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar uns refrescos (patrocinados por Optare Solutions, ¡gracias!) o bar do lado para charlar un rato, relaxarnos un pouco e coñecernos mellor.

¡Non sexas tímida/o, anímate e ven a pasar un bo rato con nos!

Related topics

You may also like