Desta volta, Rubén Pahíno Verdugo e Néstor Pérez González veñen facer unha charla sobre RSocket un protocolo de comunicación e para iso van a amosar tamén un chatroom feito en Vue.js, Java e RSocket.
Rubén é Senior Software Engineer en Travix, que traballa con Java/Spring coma súas ferramentas principais. Apaixonado polas boas prácticas e o código de calidade, sempre cun ollo no proceso completo de creación de unha aplicación, dende o deseño ata o despliegue e posterior mantemento. Actualmente encontrase a cargo do framework e da adopción de Webflux por parte dos equipos Java en Travix.
Néstor é Senior Web Developer en Sivsa, orientado principalmente cara tecnoloxías Java/Spring e JavaScript.
Curioso por natureza, gústalle saber como funcionan as cousas "baixo o capó". Na actualidade, estase enfocando máis cara a tecnoloxías front-end, principalmente no uso de Vue.js, sen deixar de estar en contacto con Java e Spring. Ganador do Java Challenge Spain 2019.