Precisas unhas imaxes impactantes para a túa páxina web.
Colles o móbil e sacas un cento delas.
Vaia cores, vala resolución, vaia calidade, vaia trillón de píxeles tan ben colocados!!
Subes laboriosamente unha a unha á biblioteca de medios de WordPress e vas colocándoas pola web adiante.
3 na páxina de Servizos.
5 no Sobre Min.
17 na Páxina Principal, que é a máis chula de todas.
Dun momento para outro resulta que o sitio web non dá cargado.
Volves intentalo e comprobas con mágoa que os segundos pasan e aí non aparece nin a primeira.
A páxina web pesa máis que un elefante africano.
Revisas as ferramentas de análise e ves que, de súpeto, as poucas visitas que tiñas esfumáronse.
Por que? Pregúntaste.
Que fixen mal?
Se as fotos son caralludas!
Resulta que o rendemento da web é importante. E unhas imaxes mal optimizadas acabaron por estragar a velocidade de carga.
Por sorte, hai solución se sabes como.
De como amañar isto falaremos na próxima Meetup de WordPress de Lugo da man de Jonathan Martínez, fundador e CEO de LucusHost, que conducirá o relatorio “WPO en imágenes, estás pasando algo por alto?”
Como se optimizan as imaxes? Vale só cun plugin? Existen aspectos clave a ter en conta para unha optimización efectiva? O tamaño e o formato importa?
📅 Terá lugar o próximo mércores día 20 de marzo a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).
🍻 A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas aos nosos patrocinadores da Meetup LucusHost.