Blender é un software gratuíto de código aberto para a creación de contidos 3D. Unha ferramenta moi versátil coa que se poden facer diferentes tarefas relacionadas co modelado, coa creación de escenas ou coa animación de elementos e personaxes en 3D.
A pesar de que Blender conta cunha importante Comunidade de usuarios formada por deseñadores e desenvolvedores encargados de ir mellorando ó programa de forma colaborativa cada certo tempo, segue a ter un primeiro contacto que bota a moitos para atrás.
Por iso, é bo que alguén nos abra a porta e vos amose as instalacións para que nos sintamos como en casa. Ou noutras palabras, un obradoiro no que coñecer o interface e as funcións máis básicas, adquirir algo de base e quitarse os medos, para despois seguir avanzando grazas a diversa e abundante cantidade de contidos como videotitoriais, repositorios, foros, etc. , nos que seguramente encontraredes solución a calquera das vosas necesidades.
Que faremos?
Este obradoiro é de INICIACIÓN A BLENDER, para o que non son precisos coñecementos de Blender ou de modelado 3D. É unha primeira toma de contacto co espazo de traballo, cos editores e ferramentas da parte de modelado, para comprender a forma de traballar e cómo movernos polo programa.
Para que non se nos faga bola tanta información e conceptos novos, dividiremos o obradoiro en varias sesións.
Sesión 1: Conceptos básicos de modelado 3D.
07 de maio de 19:00 a 21:00
Interface. Navegación 3D. Atallos de teclado. Selección e transformacións básicas. Ferramentas de modelado e modificadores.
Sesión 2: Modelado 3D.
21 de maio de 19 a 21:00
Emprego de diferentes metodoloxías, técnicas e ferramentas para obter un modelar un obxecto 3D dende cero a partir de primitivas, dun gráfico vectorial ou empregando imaxes como referencia.
Sesión 3: Retoque de modelos 3D.
04 de xuño de 19 a 21:00
Modificar ou axustar un modelo importado ás nosas necesidades. Sobre todo se son modelos para imprimir en 3D, porque se necesita que cumpran unhas determinadas características para que sexan imprimibles.
Sesión 4: Texturas e animación.
18 de xuño de 19 a 21:00
Veremos o uso de texturas para modificar o aspecto dos nosos modelos. E os conceptos básicos de animación para crear secuencias nas que os modelos ou cámaras non sexan estáticos.
Recoméndase o uso dun rato, preferiblemente de 3 botóns (2 + roda de desprazamento ou scroll), para poder moverse polo visor 3D con maior comodidade.
As prazas son limitadas, así que se estás interesado/a en participar, escríbenos canto antes por correo electrónico para reservar a túa praza a info@aindustriosa.org.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).