Skip to content

Sensores CO2 maker para combatir a pandemia COVID-19

Photo of Luis Miranda Acebedo
Hosted By
Luis Miranda A.
Sensores CO2 maker para combatir a pandemia COVID-19

Details

Neste obradoiro abordaremos o proxecto de deseño e creación de aparatos de fabricación propia para medir a concentración de CO2 e medir o nivel de ventilación dun espacio.
Con esta medida indirecta podemos determinar o risco de contaxio en caso de compartilo con persoas infectadas: unha ventilación suficiente reduce de forma dramática o risco (menos do 1%).
Traballaremos diversos aspectos, dende unha pequena parte teórica e técnica, ate o uso práctico dos propios sensores empregando Arduino/ESP-8266. Falaremos tamén do sentido e valor da autofabricación fronte a productos comerciais.
O obxectivo do obradoiro é adquirir coñecementos e vagaxe suficente para poder abordar despois a creación de candanseu propio aparato. O traballo farase por grupos, xa que contamos con poucos sensores, e os protipos resultantes quedarán na propia Industriosa para o seu emprego e maior seguridade.

Requisitos: ordenador propio.
Ainda que non son imprescindibles, outras habilidades e coñecementos que poden ser valiosos coma programación (visual por bloques tipo Scratch, ou textual tipo Arduino/Python/C/C++), deseño 3D, recollida de datos remotos (http, mqtt, ...), deseño/creación artística, legal etc. etc.

Evento patrocinado por AMTEGA Xunta de Galicia

COVID-19 safety measures

Masks required
Event will be indoors
The event host is instituting the above safety measures for this event. Meetup is not responsible for ensuring, and will not independently verify, that these precautions are followed.
Photo of A Industriosa group
A Industriosa
See more events
A Industriosa
c/ Barcelona 13 · Vigo